Viño no Camiño

Viño no Camiño presenta as rexións vinícolas europeas a través do itinerario máis antigo do noso continente; O Camiño de Santiago. Unha peregrina americana descobre a cultura vitivinícola herdada da idade media e dos monxes benedictinos e cistercienses, entre viñedos e viticultores actuais que respetan a tradición, o terroir e buscan viños persoais e únicos.

Miñoto-Ribeiro, Tradición de Calidade

Susan é unha peregrina de California pioneira en realizar a ruta xacobea que une Braga con Santiago pasando por Rivadavia; o Camiño Miñoto Ribeiro. Realiza un itinerario libre, sen présas, totalmente hedonista, descubrindo os viños da D.O. Ribeiro, as súas xentes, paisaxes, cultura e gastronomía.


Este episodio é a presentación dun proxecto que abrangue todo o continente europeo e que escolle a D.O. Ribeiro como punto de partida por ser a Denominación de Orixe máis antiga da península Ibérica e a orixe da tradición vitivinícola galega.